o cebreiro caballa

//o cebreiro caballa
o cebreiro caballa2019-09-26T08:49:19+00:00

Descripción del proyecto

– XARDA –
en aceite de oliva

– XARDA –
en aceite de oliva

Sabías que…

A xarda, scomber scombrus na súa orixe, é un peixe azul de auga salgada cun tamaño de entre 18 e 50 cm. O seu corpo é branco prateado e ten raias escuras no lombo. Durante o inverno permanece no fondo do mar sen alimentarse.

España sitúase como o cuarto país europeo por número de capturas e vendas. É un peixe espiñento, polo que a súa preparación en conserva adoita ser un acerto.

Valor nutricional 100g

Beneficioso para…

Os ácidos graxos Omega 3 (EPA e DHA) axudan a manter unha tensión arterial normal, uns niveis normais de triglicéridos en sangue e ao funcionamento normal do corazón.

As proteínas contribúen a que aumente e se conserve a masa muscular e ao mantemento dos ósos en condicións normais.

A vitamina B3 contribúe, entre outras funcións, á función psicolóxica normal e ao mantemento da pel e mucosas en condicións normais.

A vitamina B12, contribúen entre outras funcións, ao funcionamento normal do sistema inmunitario e á diminución do cansazo e fatiga.

O calcio e o selenio contribúen, entre outras funcións, ao mantemento do cabelo e uñas, así como á función tiroidea en condicións normais.

O fósforo que contribúe, entre outras funcións, ao funcionamento normal das membranas celulares e ao mantemento dentes en condicións normais.

Destaca por…

Alto contido en ácidos graxos Omega 3 (EPA y DHA). Alto contido en vitaminas B3, B12 e D. Alto contido proteínas. Alto contido en minerais como calcio, fósforo e selenio.
Fonte de vitamina A.

– Xarda con crema de aguacate wasabi –

Ingredientes

– Filetes de xarda en aceite de oliva
– Aguacate maduro
– Wasabi
– Lima
– Sal

Preparación

Picamos un aguacate maduro, engadímoslle un chisco de wasabi, un chisco de lima, un pouco de sal e trituramos todo xunto.

Para o empratado, vertemos sobre a base un punto da mestura de aguacate e wasabi, colocamos os filetes de cabala enriba e decoramos cun xermolo.

– O CEBREIRO –

Sabías que…

Historicamente, O Cebreiro foi territorio de tránsito para múltiples vías de comunicación entre Galicia e Castela. Dada a súa localización, existen restos de asentamentos prerromanos: as pallozas, construcións tradicionais do noroeste peninsular español.

Durante a Idade Media afianzouse o papel de O Cebreiro como punto de peregrinaxe do Camiño de Santiago, sendo no ano 863 a primeira hospedería documentada de peregrinos. Ademais, é a primeira localidade galega do camiño de Santiago francés.

É por iso que O Cebreiro forma parte do roteiro turístico O Courel, deseñada pola Axencia de Turismo de Galicia na que gozar de paraxes naturais de beleza incalculable.

Pero o que definitivamente lle deu fama á parroquia foi o Milagre da Eucaristía ou Milagre do Santo Graal de Galicia, lenda que se difundiu por toda Europa, situando a O Cebreiro como parada obrigatoria do Roteiro Xacobeo.

Que ver…

Igrexa de Santa María a Real
Conta a lenda que nos días de néboa os monxes facían soar a campá para orientar aos camiñantes perdidos. Construído no século IX e restaurado en 1962.

Monumento ao peregrino
Un dos puntos máis emblemáticos do Camiño Francés, no que pararse a descansar e a gozar das vistas.

Asentamento tradicional de pallozas
Declaradas ben de interese cultural.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies