Portomarín Chipiróns gl

//Portomarín Chipiróns gl
Portomarín Chipiróns gl2019-09-26T08:49:52+00:00

Descripción del proyecto

CHIPIRÓNS

– CHIPIRÓNS –

Sabías que…

Molusco cefalópodo de corpo alongado e menor que a lura común. Na súa cabeza ten dous tentáculos e oito brazos. Os máis valorados son os de menos de 10 cm e capturados artesanalmente con anzol.

A súa bolsa con tinta sérvelle para protexerse e tamén ten un gran valor culinario. Así é que o seu nome deriva da palabra latina calamarius (tinteiro).

A pesca da lura é moi común en Galicia, xeralmente nos meses de verán.

Valor nutricional 100g

Beneficioso para…

O seu elevado contido en vitamina B2 e B12 contribúe, entre outras funcións á diminución de cansazo e fatiga. Ademais, a vitamina B2 contribúe a manter a vista e a pel en condicións normais.

Presenta alto contido en cobre que contribúe, entre outras funcións á pigmentación normal da pel e cabelo, ao transporte normal de ferro no organismo e ao funcionamento normal dos sistemas nervioso e inmunitario.

O selenio contribúe, entre outras funcións, ao mantemento de uñas, cabelo, así como á función tiroidea en condicións normais.
Presenta alto contido en ácidos graxos Omega 3 que contribúen a manter a presión arterial normal, uns niveis normais de triglicéridos en sangue e o correcto funcionamento do corazón.

As proteínas contribúen a que aumente e consérvese a masa muscular e ao mantemento dos ósos en condicións normais.

Destaca por…

Xeralmente presenta: alto contido en proteínas, alto contido en ácidos graxos Omega 3 (EPA e DHA), alto contido en vitaminas B2 e B12 e alto contido en minerais como cobre, fósforo e selenio.
Fonte de vitamina B3 e zinc.

– Luriñas recheas e maionesa de codium –

Ingredientes

– Luriñas na súa tinta
– Maionesa
– Alga Codium

Preparación

Abrimos a lata de luriñas na súa tinta, retiramos as pezas e reservamos. Doutra banda, preparamos unha maionesa de alga codium.

Para o empratado, preparamos unha base con maionesa de codium, colocamos sobre ela as luriñas e decoramos cun xermolo.

– PORTOMARÍN –

Sabías que…

Poderíase dicir que existen dous Portomaríns, un que quedou mergullado baixo as augas do río Miño e que se deixa ver cando descende o caudal do encoro de Belesar, e outro de apenas medio século de vida no Monte do Cristo.

Por que? Cando en 1962 construíuse o encoro de Belesar.

Corríase o risco de que o pantano o absorbese todo polo que os veciños trasladaron, pedra a pedra, os edificios máis emblemáticos do pobo a un lugar seguro.

O que si nos queda claro é que, a historia de Portomarín, tanto o antigo como o actual, sempre estivo ligada ao río Miño e á ponte que o atravesa, lugar de paso obrigado para peregrinos.

Que ver…

Igrexa de San Nicolás
Data do século XIII e é unha das mostras máis importantes do románico en Galicia.

Capela da Virxe das Neves
Construída sobre un arco da vella ponte medieval e á que se accede atravesando unha gran escalinata.

Igrexa de San Pedro
É anterior á Igrexa de San Nicolás. Ten fachada barroca con portada románica do século X, aínda que non foi consagrada ata o século XII.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies