Sarriá Zamburiña gl

//Sarriá Zamburiña gl
Sarriá Zamburiña gl2019-09-26T08:47:36+00:00

Descripción del proyecto

ZAMBURIÑAS
en salsa

– ZAMBURIÑAS –
en salsa

Sabías que…

Este molusco bivalvo pode atoparse libre ou na costa, pegadas cun biso ás rocas, pedras ou algas grandes. A Chlamys varia frecuenta profundidades de ata 100m. O seu aspecto é moi similar á vieira, pero nun tamaño reducido.

Orixinaria das rías galegas, destacan os meses de setembro a decembro como os preferibles para o seu consumo.

Valor nutricional 100g

Beneficioso para…

Grazas ao seu contido de vitamina B12, colabora ao funcionamento normal do sistema inmunitario, diminución de fatiga e cansazo.

O seu contido de fósforo contribúe ao mantemento de ósos e dentes en condicións normais.

O selenio contribúe, entre outras funcións, ao mantemento de uñas, cabelo, así como á función tiroidea en condicións normais.

O seu baixo contido en graxas saturadas contribúe a manter niveis normais de colesterol sanguíneo.

É un alimento ideal para os deportistas xa que as proteínas contribúen ao aumento e conservación da masa muscular.

Destaca por…

Alto contido en proteínas. Alto contido en ácidos graxos Omega 3 (EPA e DHA). Alto contido en vitamina B12. Alto contido en minerais como fósforo e selenio.
Fonte de ferro e potasio.
Baixo contido graxas saturadas.

– Zamburiñas en salsa de vieira con fabas –

Ingredientes

– Zamburiñas en salsa de vieira
– Fabas
– Salsa vinagreta

Preparación

Cocemos unhas fabas, mesturámolas con vinagreta e trituramos a mestura.

Para o empratado, vertemos un punto da crema de fabas sobre a base, colocamos sobre el as zamburiñas en salsa de vieira e decoramos cun xermolo.

– SARRIA –

Sabías que…

Sarria é unha poboación importante dentro do Camiño de Santiago, xa que ademáis de formar parte do Camiño de Santiago Francés, é punto de encontro co Camiño do Norte.

Ademais, moitos peregrinos comezan o seu Camiño en Sarria, xa que, ao estar a 114 km de Santiago, é o último lugar desde onde poder empezar e conseguir a Compostela.

É unha das cidades máis importantes da provincia de Lugo, e existen restos arqueolóxicos que confirman a súa actividade humana dende a prehistoria.

Na idade media o Camiño de Santiago convértese no motor da localidade. Dela xorden hospitais, ermidas, pontes, mesóns… Atraendo a institucións asistenciais: «os Madalenos» en Sarria, os Templarios en Santo Estevo de Barbadelo, etc.

Que ver…

Fortaleza de Sarria ou Torre do Batallón
Antiga fortificación de orixe medieval da que actualmente se conserva unha torre duns 14 m de alto, coñecida popularmente como Torre do Batallón.

Mosteiro da Madalena
O Claustro gótico e a porta románica que conserva, xunto coa escaleira principal, constitúen un dos monumentos máis representativos de Sarria.

Igrexa de Santiago de Barbadelo
Esta igrexa data da segunda metade do século XII e está construída sobre as ruínas dun mosteiro anterior, o que a fai aparecer en numerosas documentacións medievais, incluíndo o Codex Calixtinus.

Ponte da Áspera
Esta ponte conserva 3 arcos da época medieval e dirixe aos peregrinos cara á seguinte parada: Portomarín.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies