Triacastela atún

//Triacastela atún
Triacastela atún2019-09-26T08:48:36+00:00

Descripción del proyecto

– ATÚN –
en aceite de oliva

– ATÚN –
en aceite de oliva

Sabías que…

A maior parte dos atúns comerciais presentan tallas comprendidos entre os 50 e 150 cm. A pel é lisa e brillante con distintas  tonalidades azuis prateadas e amarelas segundo a especie. En migracións percorren de 14 a 50 km diarios durante polo menos dous meses alcanzando velocidades de 70km/ h. Todos uns expertos en peregrinación. A variedade máis utilizada en conserva é o atún “ yellowfin”.

Valor nutricional 100g

Beneficioso para…

Os ácidos graxos Omega 3 axudan a manter a tensión arterial normal e ao funcionamento normal do corazón.

As proteínas contribúen ao aumento e conservación da masa muscular e mantemento dos ósos en condicións normais.

O selenio contribúe, entre outras funcións, ao mantemento de uñas e cabelo, así como á función normal tiroidea.

A vitamina B12 contribúe entre outras funcións para diminuír o cansazo e fatiga.

Destaca por…

Alto contido en ácidos graxos Omega 3 (EPA e DHA). Alto contido en proteínas, vitaminas B3, B6, B12, D e E.
Alto contido en minerais como fósforo e selenio.
Fonte de iodo.

– Atún claro con pataca de lima –

Ingredientes

– Atún claro en aceite de oliva
– Patacas
– Lima
– Sal
– Pementa

Elaboración

Asamos as patacas, unha vez asadas e en quente preparamos con elas puré. Engadímoslle lima, sal e pementa.

Para o empratado, poñemos de base a pataca con lima. Sobre ela o atún e decoramos cun xermolo.

– TRIACASTELA –

Sabías que…

Triacastela é a segunda das etapas que atravesa o roteiro turístico a ruta turística O Courel, tras atravesar O Cebreiro, a primeira cidade galega do Camiño de Santiago francés.

Aínda que non se pode verificar con exactitude, algúns escritos sinalan ao rei Alfonso IX de León como fundador de Triacastela.

A orixe do topónimo de Triacastela ten varias interpretacións.

Algúns historiadores afirman que o nome débese aos tres castelos (representados na torre da igrexa) e outros a tres castros, dos que se conservan restos arqueolóxicos que podemos observar ao descender a montaña.

Da influencia do Camiño de Santiago, consérvanse restos arqueolóxicos de arte sacra e edificacións que no seu día estiveron vinculadas ás peregrinacións: igrexas, mesóns, cárceres e antigos hospitais.

Que ver…

O castiñeiro centenario de Ramil
Á entrada de Triacasela, atópase o barrio de Ramil, onde atoparedes un castiñeiro de máis de oitocentos anos.

A Igrexa de Santiago de Triacastela
Data do S. XII, de orixe románico e estilo barroco rodeada por un pequeno cemiterio.

A Casa da Pedreira
Un antigo hospital do que se conserva gran parte da estrutura e que data da época de Alfonso IX.

O antigo cárcere
Triacastela contaba cun cárcere para peregrinos para quen se facía pasar por camiñantes como método para encubrir a súa mendicidade.

O Mesón do peregrino
Coñecido por ser un mesón-ferrería onde se daban comidas e arranxábanse as ferraduras daqueles que facían o Camiño a cabalo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies